
Coma case todo o mundo sabe, hai dous meses tratei de sair da miña mala situación económica empregando unha idea un pouco descabelada, sortear o meu piso por Internet www.elpisodeloscincoeuros.com. A pesar de ser descabelada, a idea era moi sinxela, eu saía das miñas penurias financieiras e alguén levaba un piso sen gastos de hipoteca ou impostos por tan só cinco euros. Ó fin, as leis españolas impedíronme sortea-lo piso e todo-los meus intentos foron inútiles.
Trato de sair da crise e non atopo saída, tratei de vende-lo piso e non puiden. Tratei de alquilalo e fóronse sen pagar. Tratei de sortealo e se me votaron enriba e non me deixaron. A miña situación económica é agora moito peor que antes e un pouquiño "menos peor" que mañán, polo que só me queda por facer unha cousa:
¡Subasta-lo meu cú!
Sí, como soa, subasto o meu cú ó mellor postor cun só obxetivo, ¡có banco non se leve o meu piso! Poño o meu cú e un botón de doazón á disposición de calqueira que queira puxar e desta mañeira poder ver no meu branco cú a bandeira do seu país ou colectivo. Quen así o desexe pode doar diñeiro na miña conta e eu tatuareime en todo o meu cú a bandeira daquel país que máis diñeiro me ingresara. A idea é igual de sinxela e imbécil ca de elpisodeloscincoeuros.com
e tamén é froito da desesperación.
É triste, gracioso, raro, estúpido ou como o queiras chamar, mais me tatúo a bandeira do teu país no mesmo cú o día 15 de Maio do 2009 se pago o piso e se é no teu país onde máis me axudaron. Polo tanto, si eres brasileiro, xaponés, ruso, chinés, alemán, americano, polaco, inglés, noruegués, portugués, vasco, rumano, italiano, francés, suízo, australiano, canadiense, español, gay, soldado ou de onde quera que sexas e queres ver a bandeira do teu país nun cú axeno, meio firme, un pouco peludo, trintañeiro e feo coma o de case todo-los homes, só tés que axudar para que non me quiten o piso.
Así de sinxelo, así de estúpido...
...E tí, ¿tatuaríaste o cú pra sair da crise?
